Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sábado, maio 13, 2006

Me se va a hacer a un ladito

Hai momentos da vida que merecen ser contados. Na miña breve, mais intensa, vida como condutor, aínda non tivera ningún encontro coa Lei e os seus representantes no Planeta Terra. Ata hai cousa de media hora. Dirixíame eu, en compaña do meu ascendente biolóxico feminino (léase nai) de volta da sinxeliña cea de cumpreanos atrasado de quen lles fala, no meu sinxelo utilitario. Á altura da Porta Nova da muralla de Lugo, as patrullas orozquianas ergueron o seu chirimbolo marelo fosforito en sinal de "me se va haciendo a un ladito" e si, aconteceu. O representante da Lei e a Orde orozquiana no Planeta Terra díxome buenasnochesestamoshaciendouncontroldalcolemia, pedíume o carné e ala, a inchar o fol. Eu, que non tomei a última Estrella da cea porque algo me dicía que o 0,15 estaba preto, soplei e despoi suspirei cando vin o 0,0. A verdade é que xa sería mala hostia.
Cando xa marchaba, a instancia policial, co seu característico tono, díxome "y le pones unas pegatinas a la L" (se fora na Coruña o tema tería moito máis chiste, a verdá). Claro que sí, hombre. Buenas noches, circule.

Nota mental: a foto é da boquilla orixinal, agasallo da instancia policial "si la quieres, te la puedes quedar". Non tiña a cámara boa vale?

3 Comentarios:

Blogger besbe dixo...

A min xa me levan parado mil e unha veces e ata fai pouco coleccionaba as boquillas. A única vez que si que dei positivo foi un fin de ano que indo dirección Ordes, a altura de Oroso me pararon. Eu xa cheiraba que algo ía mal porque o móbil non deixaba de sonar e o resto dos coches dos amigos que ían diante ou detrás de min desapareceran misteriosamente (as pistas ás veces abducen aos conductores).
Non me lembro canto me dou (pouco eh?), pero so bebera unha copa de champán, xúroo. Foron bos e deixáronme ir cunha pequena bronca.
Pero avergonceime.

3:04 da tarde

 
Anonymous Anónimo dixo...

BORRACHOOOOOO
joderrrrrrr
se quixera que me pararan para soplar
MONTABA UN BAR

5:22 da tarde

 
Blogger Madeleine dixo...

por que tes que vir ao meu blog a meterte comigo? Vaia, o que che pasa é que tes envexa das miñas cualidades bohemias...

3:27 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home