Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

terça-feira, abril 25, 2006

Teño que...

Miña nai querida... o simple feito de estar escribindo estas liñas xa é, en senso estrito, un acto de irresponsabilidade. Emáis sabendo todo o que teño que facer. Teño que... teño que... levo todo o día tendo que. E van dar case as nove, e resulta que aínda non creei a parte dunha tele infantil que me corresponde, nin analicei o programa que tiña que facer... ves? así todo o día
Entre unhas cousas e as outras, non me queda tempo para pensar nin tampouco para escribir por aquí, e iso non pode ser... cando un se está propoñendo obrar e mesmo facer unha casa nova, non pode desatender a que aínda ten.

Nota mental: todo isto nun día no que houbo quen decidiu presentarse coma alternativa, por fuciños e cacheiras. A ver como lle vai... co meu voto conta eh!

1 Comentarios:

Blogger emereci dixo...

o "ter-que" é un dos meus estados máis habituais... din (por aí) que é especialmente frecuente en casos agudos de "xaofareimañitis"... ;-b
Ánimo!

8:18 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home