Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sexta-feira, dezembro 31, 2004


Que non nos colonicen o Aninovo. TOMA AS UVAS COA BERENGUELA. A Porta do Sol, para os madrileños. Posted by Hello

Crónicas anovellescas (do Ano Vello)

Saúde e uvas, compañeiros e compañeiras. Nestas últimas horas do 2004 non farei un resumo informativo como o da TVG no Telexornal Mediodia, segundo o cal tan só houbo desgrazas diversas ao longo do mundo (furacáns, tremores de Terra...) e na Galiza non pasou nada que non cheirase a Xacobeo. Só fica en min a esperanza de que arranxen este agravio tal e como a nosa TeleGaita sabe facer, unha boa ración de Luar antes das badaladas dende A Quintana (síntoo, pero a min ver como mentres os españolitos se amorean na Puerta del Sol eu como as uvas escoitando a Gayoso por tras da Berenguela dáme un non-sei-que patriótico polo corpo). Polo demais, paréceme fatal, se á fin se confirma, non entrar no 2005 da man d'Os Tonechos.
Polo demais, Lucensidade a cachón nas primeiras horas do novo ano: mentres os DeLugo-Detodalavida van ao Círculo, os da plebe inserímonos nos bares do lugar e este ano ademais, por xentileza de Orozco I, O Filósofo irémoslle botar un pé á Praza Maior: hai orquestra!. Pouco máis me queda por dicir. Para o novo ano: saúde e Patria, amor, cartiños, poucas resacas e festa! SAÚDE E ATA O DÍA 2 (o 1 coido que non existirá, etilicamente falando) e FELIZ ANINOVO!!!

quarta-feira, dezembro 29, 2004

Imaxinemos... o Porro de Corina


É como sería Corina PORRO? Tremenda. Posted by Hello

Torito Presidente


Comentaba o compañeiro Modesto, despois da impactante imaxe de Jaime Del Pita Del, que podería pasar con Corina PORRO ou Emilio Pérez TOURIÑO. Ben, con este último, facendo un exercicio de imaxinación, podería ser algo así. Que se preparen os montes, estradas e valados publicitarios da Galiza para o outubro do 2005! Chega TP!!

Entrando "en la intimidad de vuestros hogares"

Teño que comezar dicindo que, novamente, me lleno de orgullo y satisfacción, neste caso porque se me menciona nun blog que non é o meu e sen pagar, concretamente o TodoNada, que, pola calidade do produto, me satisface doblemente. Por outra banda, éncheme de ledicia saber que o meu non é enfermidade e que, se o é, é un andazo coma unha casa. O meu coa TVG, Os Tonechos e demais frikismos patrios padéceo alguén máis, trátase de ModestoWeb, quen mesmo chegou a capturar unha imaxe que se o mundo fose coma debera en breve aparecería nos libros de Historia de Galiza: Beatriz Manjón & Os Tonechos!!!
Tonecho: (a B.Manjón) Pero ese día virás vestida, non? <---Verídico
Despois destas cuestións mediáticas de agradecementos e demais:
LUCENSIDADE DE INFRAESTRUTURAS
No día de hoxe -xa de onte-, Día dos Inocentes do Ano do Señor de 2004 (Ano 15 DDM -Despois de Don Manuel, ou era Fraguiana) eu, inocente de min, decidín ir alén das murallas do meu lucensismo e achegarme á Coruña (LaCuruña, para os non fundamentalistas "de-citi-güer-noubadi-is-a-foreiner").
8:50 Collo a carrilana na estación do tren
11:00 Chego, con forte vento e chuvascos moderados, á Coruña
20:00 Collo o Arriva -si, sen H- (o último "tren" sae ás 18:40)
22:00 Chego, con néboa e 7ºC no exterior, a Lucus Orozci.
Conclusión simple, das 13 horas investidas en todo o proceso, 4 foron somentes de viaxe, cando non deberan ser máis de 2. Se é que me queixo de vicio... (Lugo-A Coruña pola A6, 1hora).

terça-feira, dezembro 28, 2004

El Paco, de LaCuruña


Paco I de Lacuruña avanza inexorábel na súa cruzada particular contra vento e marea para poñer o seu Reino onde está mandadom en contra de galleguistas, bloqueiros e xente desa raza radical en xeral. Para isto, conta coa inestimábel axuda dos responsábeis do Goberno galego. Leo o seguinte en Xornal.com
La Xunta admite que la L de Vázquez es ilegal pero "podemos cambiar la ley"
Pita estudia plantear una modificación de la ley de normalización lingüística para "mejorar" la "convivencia armónica" entre gallego y castellano.
Se é que somos uns fundamentalistas... só aos bloqueiros, rojillos e demais familia se nos ocorre que un alcalde debe repectar a lingua do país e cumprir a lei...

Crónicas de lamentábel actualidade

Leo na prensa os resultados da traxedia que está a vivir todo o sudeste de Asia despois do terremoto e maremoto de onte. A verdade é que aí é onde se ve todo o que lle debemos ao "Terceiro Mundo" (cales serían as consecuencias se algo así pasase nos EUA, poñamos por caso?). De calquera xeito, a actualidade sempre nos deixa novas de impacto que permiten abstraernos da crúa realidade, tales como a seguinte, cito textualmente: "El Rey Juan Carlos y Bush hablaron por teléfono en Nochebuena " (Cadenaser.com) Que ledicia ¿sería antes ou despois da mensaxe de me llena de orgullo y satisfacción? recomendaríanse mutuamente moderación co etanol nesa noite tan familiar? Vivo sin vivir en mí!!
A programación do Nadal no que a TV se refire adoita ser bastante lamentábel. Eu, coma consumidor ocasional de televisión, non é que poida comparar moito coa do resto do ano, pero en fin... de calquera xeito, entre o mar de parvada atopamos unha illa para o enxebrismo -ben ou mal entendido- "Nadal cos Tonechos". Fóra coñas, se todos os que se esmendrellan coas parvadas de Crónicas Marcianas e demais familia se aficionaran a Tucho, Tonecho, Amadora e demais familia, moitas cousas habían cambiar neste País -vaia por diante que non teño por costume apuntarlle tantos á TVGaita, pero coido que os Tonechos foron o maior acerto despois do Xabarín e Máxima Audiencia-. Só un detalle que fai Beatriz Manjón cos Tonechos por favor????? é como se me pos a Don Manuel no Parlamento e lle leva o vasiño de "café" Norma Duval, non pega. O que hai que ver...

domingo, dezembro 26, 2004

Outra Lucensidade: A Freire, S.L.

Escoito nos diversos medios de comunicación que o Goberno do Estado vén de aprobar un novo Plano de Infraestruturas que define todo o que atinxe a estradas, vías do tren e demais de aquí ao ano 2020. Ben, pois eu, coma sufridor de lucensismo (e outros males), quéixome. Resulta que pouco me importa que haxa un AVE ou un TAV de aquí a Madrid cando non podo ir a Santiago en tren porque non existe unha vía que me leve ata alí ou se quero collelo para A Coruña teño que pasar dúas horas e media nunha carrilana á que lle chaman "regional"
(acábase de estrear un súper tren moderno delamuerte que vai d'A Coruña a Vigo e viceversa, pero é que os de interior nos queixamos co vicio que temos no corpo).
Pero, sen dúbida, se algo hai característico nos transportes lugueses esa é a Empresa Freire, S.L., concesionaria única do transporte de viaxeiros entre Lugo e a capital da nación (Santiago de Compostela, que lle chaman). A cuestión é a seguinte: a Freire ten, a efectos prácticos, o monopolio, polo tanto, pode poñer os prezos que queira coa "calidade" de servizo que lle veña ben. Entre Lugo e Santiago somos moitos os universitarios que non temos máis remedio que circular todas as semanas -a Universidade propúxolle un convenio á Freire, esta dixo que non- en latas de sardiñas que che quedan pequenas se mides máis de 1'50 (dos que nos achegamos ao 1'90 mellor xa nin falamos) e nas que tes que pasar entre unha ou dúas horas e media para facer o percorrido que debera levar hora e cuarto como moito. No 2010 haberá autoestrada, eu vou mercar unha bicicleta, coido que é o máis sensato.


Nova Xove, portal de suposta información xuvenil creado por CaixaNova. No apartado de novas destaca algo fundamental para os mozos en xeral e para os galegos e galegas en particular: a Mª Isabel esta de marras (antes muerta que sensilla, ay que sensilla), Harry Potter e un coche de radio control que custa 33000. Se vos queixades é que sodes unhs e unhas radicales e se acaso galleguistas de eses. Posted by Hello


Na veira do Miño: - E os da banda d´alá son máis estranxeiros que os de Madrí? (Non se soupo o que lle respondeu o vello)

 Posted by Hello


Imaxinade á Amadora collendo a estes dous así e dándolles unha do revés Posted by Hello

Tonechos Vs Morancos


Como podemos observar, a diferenza de clase é bastante evidente (que dotes de mando me ten o Gayoso) Posted by Hello

Lucensidades diversas

Como xa dixen, o Nadal é precioso e en Lugo maniféstase de múltiples xeitos: dende a actuación dunha orquestra (Panorama, se non me engano) na noite de Fin de Ano que será "gratis, por supuesto" en verbas da nosa benquerida Concejeira de Cultura ata a subvención, por parte do Concello, con 15000 a JuvenLugo, un salón de lecer para os máis novos que, se ben me parece perfecto que se celebre -non é que sobren as actividades nesta cidade- non ten de galego nin o nome. En fin, debo ser eu, un extremista de estes aos que non nos gustan os Eles de Lacuruña.
E é que os galleguiños non estamos de moda, se cadra para decir o bonito que é o CamiNo de Santiago, neste ano Jacobeo que agora remata, pero nada máis. Despois quedamos algúns frikis aos que nos gustan as gaitas e demais -e si, eu digo ben alto que prefiro aos Tamara que a Rosa de España, home e logo! O día que alguén sexa quen de xustificarme que Os Tonechos son intelectualmente inferiores aos Morancos, falamos. Manda carallo! Como a Amadora pillase á Omaíta esta ían saber os moranquitos o que son os galleguiños que nin suben ni baixan a escaleira. Xa o di o Tucho, neste País haiche moito vicio -de botarlle Nitramón ás leiras...

Encántame ser un friki galego


Gloria ao Gayoso

sábado, dezembro 25, 2004

Son moderno e teño blog

Xa son unha persona súper-moderna-delamuerte e montei o meu propio weblog, para barrenar en Internet o que antes a xente facía persoalmente na súa cabeza . É unha magoa que precisemos destas novas tecnoloxías para soltar as paranoias que raramente alguén nos aguantaría. En fin, me llena de orgullo y satisfacción comezar o meu blog nestas datas tan sinaladas. Onte, Noiteboa, e despois de estar vendo ao meu ídolo mediático (Gayoso, por suposto) teño que dicir que botei bastante de menos aos Tonechos pero bueno, a TVG apostou pola cultura e chantounos a Bisbal mentres por baixo pasaba toda unha serie de mensaxiños de móbil dentro dos cales predominaba o dunha tal Carme d'A Coruña, que a pobre muller debeu deixar o soldo do mes no Luar -por certo, empiricamente comprobado que non poñen todas as mensaxes!!!!-.
Pero non todo foron malas novas nestes días de Nadal que os universitarios aproveitamos para ter mala conciencia por non estar preparando o que se nos vén por riba a partir de finais de xaneiro, algunhas cousas alegraron a miña existenza neste paréntese navideño de obrigada volta á casa: seica se constituíu algo semellante a unha plataforma para recuperar a memoria do patriota Andrés Dobarro. Marabilloso!
LUCENSIDADE Nº 1: Pero se algo me impactou realmente foron as palabras do noso Pastor-Alcalde lugués onde os haxa, Sr.Orozco, que onte deu algo semellante a unha mensaxe de Nadal improvisada en Radio Lugo na que non faltou receita de paella -mixta- e consellos para sermos bos nestas datas tan entrañábeis.
O certo é que me encantaría poder celebrar como se merece estas datas, pero en fin, todo chega.