Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quarta-feira, maio 10, 2006

Tremendo debate, oiga

Un servidor, na súa peregrinaxe económico-televisiva, recalou en Hai Debate!, cousa interesante, señora. Voulles contar todo o proceso (non interesa o tema do traslado en bus e tal, que iso vén sendo coma o do Luar ou o Supermartes (DEP), rollo becerreiro, vaia). O tema interesante é cando chegas a San Marcos e asinas un contrato EN ESPAÑOL DE ESPAÑA (olé) de cesión de dereitos da túa imaxe -de todas as imaxes vencelladas ao programa-. Logo fanche unha foto, para chamarte de recheo en series, programas e demais (que me chamen para O Programón ou para Volver ao rego, por Dioss). Quen che fai a foto? unha señorita de produción que foi, hai uns meses, a encargada de menesteres semellantes en certa campaña.
Despois baixas ao plató (que medo, está moi abaixo do noso señor) e atópaste cunhas señoras destas que hai no público de Luar, que che contan que xa foron a Supermartes, Luar, Tequelexou, O Show dos Tonechos... e que mañá van ao do Mon.
Despois vén o programa, no que sorprende que che dean liberdade de aplauso. Eu, persoalmente, convertinme en fan de Ángel Bernardo Tahoces, do PP, evidentemente, quen dixo que xa postos poderiamos converter a Galiza nunha realidade internacional e outras cousas, tales coma que non nos gustan os americanos pero ben que temos GPS no coche. Vivir para ver. O debate estivo interesante, a verdade, e o bocata de despois, mellor que o do Supermartes.