Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

terça-feira, maio 02, 2006

Máis Internet, máis galego e Castelao con portátil

Recén chegado a Galiza leo Vieiros e escoito a Radio. Nos dous sitios falan dunha iniciativa da Consellaría de Innovación e Industria que me ten moi boa pinta. A saber: aproveitando que o Día de Internet cadra co Día das Letras, ponse en marcha o proxecto "Máis Internet, máis galego, máis futuro", que aínda que só fóse pola ilustración que lle dá imaxe xa merece a miña atención (ese Castelao co PC portátil merece ser peza de museo!).
O tema consiste basicamente en espallar a idea de que a nosa lingua serve perfectamente para o mundo da Internete e a tecnoloxía, que tamén ten que ser bastante espallado. Arredor de toda esta idea artéllanse toda unha serie de actividades, reais e virtuais, que se desenvolverán ao longo de todo o mes: software libre, concursos, etc. Botádelle un ollo que ten moi boa pinta.
Reitero, enorme foto!