Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quarta-feira, maio 03, 2006

Liberdade de expresión

Hoxe é o Día da Liberdade de Expresión, escollido, entre outras cousas, para ser o día de festa da factoría de xornalistas de Compostela, algo que eleva o día case á categoría de santo... se a festa dunha facultade é o día do seu patrón, os patróns adoitan ser santos... así que hoxe vén sendo Santa Liberdade de Expresión.
Hoxe, día tan sinalado, chegoume ao correo unha cousiña que me fixo reflexionar sobre o tema. Trátase dun audio procedente do programa "La Linterna", presentado polo autoerixido en historiador revisionista da verdade absoluta, César Vidal, na Cadena de Ondas Populares Españolas, máis coñecida como COPE e á que me teño referido nalgunha ocasión, fundamentalmente con ocasión dalgunha sentenza exemplar do humorista Fede Jiménez-Losantos. Este audio, titulado "O Estatutiño", mestura, ao meu xuízo, xenofobia e ignorancia para parodiar as pretensións do BNG de cara á reforma do noso Estatuto de Autonomía.
Agora penso... son este tipo de accións "xornalísticas" liberdade de expresión? É calquera cousa liberdade de expresión? a saber... se eu, o día de mañá, teño a capacidade de dicir o que me dea a gana nun medio de comunicación X (non creo que se dea o caso), podo saír alí a soltar os exabruptos que se me ocurren nun faladoiro de bar e defender tales improperios en nome da liberdade de expresión? Gústaríame ter a resposta máis axeitada, vostede que opina?
Xa para rematar, outra reflexión. Coido que teorizar sobre a liberdade en xeral, non é doado, e sobre a liberdade de prensa, información e expresión, aínda menos. Quedarei cun treito do texto que en 1999, fixeron público algunhas das asociacións de xornalistas de Galiza co gallo da data que hoxe se celebra:
"compromiso coa liberdade de expresión e co dereito á información, condicións as dúas sen as cales non é posible falar de democracia no noso país nin de posibilidade algunha de desenvolvemento social en liberdade."

1 Comentarios:

Blogger Madeleine dixo...

Oes, se hai que escoller entre os dous bonecos do debuxo, podo quedar co cura cabrón? E que me encanta... (radical do carallo, ostia)

11:37 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home