Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

terça-feira, abril 11, 2006

E despois era España a invertebrada... (risas)

Leo en El Progreso de hoxe a noticia que corresponde ao recorte que podes ver aquí enriba. Resulta que a autoestrada Santiago-Lugo, igual que outras infraestruturas, verba tan prostituída, deixan de ter prazo para 2010 para pasar á bonita data cuandodiosquiera. Éche o que hai. Un, que non é nada amigo de adoptar como propios discursos grandilocuentes sobre o tema do cemento e o alcatrán, a verdade é que si ten cousiñas que dicir sobre o tema. Non é de recibo, xa sexa por cousa do Plan Galicia aquel mítico e mitolóxico, polo Plano Estratéxico de Infraestruturas ou porque o sol sae pola mañá, que unha autoestrada que tiña que estar integramente rematada no 2010, comece a construírse, con sorte, en 2008.
Todo o xa relatado é especialmente grave se temos en conta que esta autoestrada é un dos piares sobre os que se debe asentar a vertebración do país non tendo coma eixo gravitatorio Madrid, senón a propia Galiza e, por extensión, a súa capital, Compostela. A gravidade aumenta, ademais, ao ter en conta que a autoestrada vai dende Santiago ata Lugo, centro urbano fundamental -e case que único- do nor-leste galego e que ten unha única vía de comunicación (de trens xa falaremos noustro momentiño que teñamos) de gran capacidade, a A6, autoestrada Madrid-A Coruña e que pasa por Lugo porque cadra así.
Así as cousas, e aproveitando as datas, oremus, porque fai boa falta. Mentres e non, sempre se poderá seguir apostando pola Empresa Freire, S.L, se o que se quere é tranquilidade, ou ben coller o cochiño, quen poida, e orar tamén para non coller diante ningún camión nos treitos de non-autoestrada. Así andamos.

Nota mental: pódese queixar un do atraso das infraestruturas sen dicir "Zapatero" unha soa vez :).

3 Comentarios:

Anonymous Xabre dixo...

O tren!: Unha rede decente de trens de arredores (aka cercanías) e nacionais (aka regionales) Aí está a clave, e aí é onde estamos a miles de anos luz do "mundo desenvolvido".

10:12 da tarde

 
Blogger amarante dixo...

Por todo o dito, avogo pola independencia de Galiza, e non depender de PEIT, de planos Galicia tirilí, ni nada polo estilo. Que os galegos teñamos pleno control dos nosos recursos. Galiza: nación europea, independente e solidaria!
Ida de ollaaaa

1:24 da tarde

 
Blogger amarante dixo...

ah!e hoxe máis que nunca...viva a república!(galega!!!)

1:34 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home