Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sexta-feira, março 17, 2006

Xentes contracturadas

O mundo pódese reducir a un só músculo... qué triste pode chegar a ser o mundo. Levo matinando un anaco sobre isto. Onte estaba contracturado, dopeime e dilapidei a mellora nun traxecto automobilístico que me deixou en niveles semellantes aos da tarde de onte... agora estou algo mellor, non se agobie o sempre ben intencionado lector.
A cousa esta da contractura e a conseguinte dopaxe provocou que, unha vez ceado, desenvolvese unha práctica que había moito, moito tempo que non tiña por costume, como é o de ficar tirado no sofá mentres a tele cuspe o que quere sen eu poder evitalo. Ademais de sentir, de súpeto, como volvía aos quince anos (xa pasou), atopeime toqueneando, case medio durmido, ata que unha tola -no mal sentido da palabra- berraba algo así:
-Telecinco tiene un programa en praintain, nosotros tenemos un programa en praintain, y ahora Televisión Española tiene un programa en praintain!!!!!
A señora esta, chea de paixón, continuaba a súa proclama dicindo que o Jesús Quintero, o coñecido Loco de la Colina, entrara de cheo no "xénero" (aberración?!) cardíaco-xornalístico ao entrevistar a Pepe Navarro. No entanto, chegaban sms á pantalla en plan "Pepe, fenómeno" ou "Pepe Navarro vete". A señora dixo "demagogia" un par de veces".
En fin, que non vou entrar na polémica entre outras cousas porque non sei de que vai a festa... pero penso que hai xente (audiencia e produtores de contidos televisivos) que ten a contractura pasados os ollos e seguindo cara a arriba, e iso é máis preocupante ca o meu. Cada un consólase como pode.

3 Comentarios:

Blogger acedre dixo...

Que significa iso de praintain ?. Non ando pola terrinha e estou perdido. Millora da tua contractura que iso de ver tanta tele non che e nada bo.
Un saudo e sigue os consellos de besbellinha.

6:33 da tarde

 
Blogger O'Xirarei dixo...

Referíame a prime time, pero, dada a fonética da señorita en cuestión... jejeje (chistes malos de un servidor, o mesmo foi cousa do ibuprofeno). A contractura mellora, e a miña saúde mental, dun xeito directamente proporcional ;).

8:23 da tarde

 
Anonymous Modesto dixo...

Eu tamén vin ese irrepetible episodio televisivo -confésoo con vergoña- e sentín a mesma sensación -aínda que non a contractura.

11:55 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home