Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sexta-feira, março 31, 2006

Vivir para ver (e escoitar)

Señora, cabaleiro, o que lle vou contar é tan verídico como a vida mesma. Hai cousa de vinte minutos, a golpe de doce e pico da noite (hora GMT +1), soa o meu móbil e na pantalla aparece "Número privado". "Quen será?"... normalmente este tipo de chamadas son polas mañás e adoitan relacionarse con "tellamoporlodelaentrevista" ou "podríarespondermeunaspreguntas?" ou no seu defecto "podespasarporaquírecollertalpapel?". Pero non, non era un secretario da Xunta fóra de horas requirindo a miña presenza para tal trámite, nin sequera unha funcionaria que me pide o cuestionario para que o de turno o vexa antes de conceder a entrevista. Tampouco era a señorita da Telefónica dicíndome o preciosa que sería a miña vida se nela entrase Movistar.

Nada diso. Era unha moza (deduzo pola voz o do sexo e a idade) que en actitude altamente lividinosa me facía saber que estaba tendo contacto táctil coas súas partes máis pudendas, á vez que me convidaba a facer o propio e se interesaba polo meu estado térmico, todo isto con problemas de respiración e bastante ansia. Comprenderá o agudo lector a cara que lle quedou a quen lle fala... e imaxinará, coma min, a cara que lle quedou a ela cando lle comuniquei aquelo de "creo que te equivocas eh...".

Nota mental: Será unha promoción brutal do Salón Erótico do Atlántico (SEDA)? Se vestiron de coiro e porno ao Luar da semana pasada... o mesmo tamén fan isto.

4 Comentarios:

Blogger Aultre Narai dixo...

o que pasa neno é que es irresistible!!!! jejejeje pagaba por ver a túa cara e a da "moza" cando lle colgaches... igual é unha admiradora túa, nunca se sabe!

6:52 da tarde

 
Blogger O'Xirarei dixo...

Miña nai querida... quedaba máis tranquilo se me dixeses "seguro que foi unha equivocación", porque había aí un rollo de ansia moi chungo ehh jajajaja

7:00 da tarde

 
Blogger Caufield dixo...

¿?¿Que te vas ahora, de gigolo?¿?joderrrrrrr :P
alcolicaaaa

8:28 da tarde

 
Blogger oko dixo...

fijo que é outra que quere escalar. POis que saiba vostede que non llo vou a poñer fácil á competidora, e se teño que chamalo, chámoo!!!
(O que se arrastra a xente por subir un peldaño no escalafón político!!!)

8:40 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home