Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quarta-feira, março 29, 2006

Tremendo ciber-maquinillo ao servizo do galego

Xa o esquecía: teño unha recomendación para o agudo lector e a avispada lectora, que seguro que agradece o novo chintófano que nos proporciona Vieiros: un maquinillo (léase tradutor) virtual que nos permite mergullarnos no xornalismo ficción e imaxinar que vivimos nun país un pouco máis normal, onde os principais xornais están en galego. Tamén algunhas marabillas editoriais, coma Libertad Digital, en "lengua vernácula" (que se entere Fede, por Dios!). Se queredes máis información e empezar a usar esta marabilla da tecnoloxía, aquí tedes a ligazón

1 Comentarios:

Anonymous sudoku dixo...

Para min, que lle voto un ollo todo-los días a prensa... isto achégase a felicidade. So unha cousiña... non podo cortar os links (urls) para enviar ou gardar porque todas estás referidas a mesma url.

7:16 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home