Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

domingo, março 12, 2006

Felices 300 :)

Coa postaxe que podes ler un pouco máis abaixo, chegamos a 300. Trescentas cousas que se me ocurriron, trescentas divagacións que noutrora remataban nunha folla de libreta, nun folio ou en ningures e que agora ti les -ou non-. Está claro que o blog é un servizo público, aínda que só sexa para quen o escribe ou que o sexa en maior medida para o seu autor ou autora que para quen o le ou olla. A verdade é que este espazo cambiou bastante, non sei se para mellor ou non, dende decembro de 2004, cando se me deu por comezar a pendurar un sector do meu miolo na Internet.
Levo tempo dándolle voltas, e coido que vou aproveitar este paso dos 300 para comezar a obrar. Como en toda casa, iniciar as reformas nunca é doado... sempre adiamos o momento de chamar o fontaneiro, aínda que a pinga que cae da cisterna co seu tic tic tic nos estea poñendo dos nervios. Sempre hai un momento mellor para repintar a parede, aínda que o Gernika sexa un debuxo mal feito ao lado do manchón de humidade que levamos vendo dende hai meses... En fin, que nos próximos tempos -non direi se días se semanas, porque non o teño moi claro nin eu- irás notando, se segues pasando por aquí, certos cambios estéticos -de estilo non, porque para iso tería que saber cal é o meu estilo- e de orde. A ver se che gustan.
No entanto, felices 300.

1 Comentarios:

Blogger besbellinha dixo...

O meu coa cisterna éche moi sufrido, optei por cerrarlle a auga e sigo esperando o día no que se me ocurra chamar ao fontaneiro. Polo demais espero que chegue o día dos felices 300 para amañar a casiña (non virtual)e mentres tanto parabéns, moitos.

8:43 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home