Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sexta-feira, março 17, 2006

Contractura (dise así?) a golpe de xoves

Xoves universitario, festa con fins recaudatorios e outra festa na propia casa, coma quen di. No entanto, un servidor tirado na cama servíndose das novas tecnoloxías mentras sobreleva a base de dopaxe unha contractura (dise así en galego?) desas que sempre teñen os demais e que lle impiden desenvolver con corrección unha das súas funcións básicas, como é a de estar sentado. Isto serve para descubrir que Feijoó foi a Noche Hache ou que existen moitas razóns para seguir vendo entre pouco e nada a tele.
Por certo, vaga de demisións na Radio Galega... debería escribir sobre o tema, a ver se mañá. No entanto... saco a cuestión para que vostedes, mentes espertas como poucas, vaian reflexionando. A miña contractura e mais eu tentaremos ir para a cama.

1 Comentarios:

Blogger besbellinha dixo...

Ai esas contracturas(si, dise así que o busquei e todo). Ponlle caloriña, dalle repouso e se podes tenta estirar o músculo en cuestión sen que che chegue a doer. Despois xa sabes, a coidarse un chisquiño máis, e nunca estaría de máis unha masaxe ben dada.

Esta vida loca y su loca realidad.

7:13 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home