Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quinta-feira, março 09, 2006

Botellóns históricos, seica

Nos últimos días anunciábase por aí e hoxe confírmanos algúns dos nosos medios de comunicación preferidos. Convócanse macrobotellóns na Coruña, Vigo e Compostela. Este último é o que me dá voltas na cabeza. Sempre estiven en contra deses vecinosindignadísimos que teñen coma principal entretemento criminalizar a quen está tomando unha copa nunha praza ou parque calquera, aos seus negocios, alegando que son a fonte de todos os males, que o alcol está destrozando á mocidade etecé etecé cando o único que lles preocupa é que o seu portal cromado apareza medio mexado ou non poder escoitar con nitidez Noche de Fiesta ou algún dos seus sucedáneos no sábado noite.
Se ben, como xa afirmei, estou moi en contra destes señores e de todos aqueles que identifican á xente moza coma un tropel de descerebrados que teñen por miolo unha botella de vodka mesturada con droghas (que os hai) tamén me inquietan certas cousas que paso a relatar. Convócase un macrobotellón de tropecentos miles de persoas na praza do Obradoiro:

  • Para seguir a tendencia de cidades españolas coma Sevilla ou Albacete (creo). En fin, o toque españoleiro da cuestión non o quita ninguén, pero probabelmente neste caso sexa o de menos.
  • Nunha praza que é, coma o resto do centro histórico, Patrimonio da Humanidade.
  • Onde se sabe positivamente que vai estar a policía ata dentro dos vasos de litro. Hoxe mesmo un concelleiro asegurou que se a xente desprazaba o evento ata a Alameda, alá eles e os seus fígados, que non se vai meter ninguén. Neste caso, para min, non é pregarse diante da represión do poder e todas esas cousas, senón ter "sentidiño" -verba tan prostituída, por outra parte-.

Eu, coma moitos, estiven de botellón máis de unha e de vinte veces pero, a verdade, coido que se pode beber na rúa, mesmo para batir marcas de cinco, seis ou tropecentas mil persoas. Mesmo acadando repercusión mediática e saíndo mañá mentres os escandalizados comentaristas de Antena 3 se laian pola fin da mocidade decente. Pero non custa nada marchar para a Alameda, enchela, que reborde de xente, beber ata cansar, e ao tempo meter as botellas e vasos baleiros nunha bolsa e tiralos a un colector, e ademais evitar que se encha de merda a pedra compostelá, que bastante ten co lixo dos bares.
P.D: No correo-e que convoca o botellón da Coruña un dos argumentos principais é "no vamos dejar que en Vigo sean más que en Coruña". Tristes momentos os que vivimos.

1 Comentarios:

Blogger besbellinha dixo...

Es que si neno, a ver que se creen los de Vigo. E bueno, a ver que se cren os de Compostela que por aquí aínda hai algún resentido polo tema da capitalidade.

Eu non sei, creo que non van facer nada que non fixeran outro sábado. Igual en Santiago si, porque os sábados está algo aquelado todo. Beberemos y veremos.

8:35 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home