Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

domingo, fevereiro 19, 2006

Sobre o nome dos sitios e o Mésenller

Entro no Messenger por primeira vez despois do formateo e sáltame o molesto "MSN Hoy", o cadriño que inclúe Hotmail, catro noticias de MSN e esas cousas, ademais do tempo meteorolóxico, arriba á dereita. Cal non sería a miña sorpresa ao descubrir (oh, tristeza, oh, dolor, oh, campos de soledad, mustios collados) que no anaco correspondente ao sitio no que me atopo (sitúame na Coruña, non sei por que), pon Galicia/Galiza (e despois España, tamén é verdade), deduzo que deixando espazo á denominación do país en español de España e en galego da Galiza. Tamén ten chiste que Billy se decate do nome dos sitios antes ca moitos outros (e algúns máis) que o teñen algo máis preto...

1 Comentarios:

Blogger oko dixo...

A min ás veces sitúame en Vigo, outras en Pontevedra. Tamén me fixara eu no de Galiza, e fixérame mogollón de gracia!!!

3:21 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home