Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

terça-feira, fevereiro 07, 2006

Os da SGAE caen mal

Despois duns días nos que as circunstancias non permitiron que quen lles fala escribise sobre as cousas do mundo mundano -e non será porque non as haxa-, aquí estamos outravolta. Na miña re-aterraxe no mundanal ruído atopeime con que os señores da SGAE (os mesmos que van chantar a súa sé no barrio de Vistalegre de Santiago de Compostela, señora) denunciaron á Frikipedia -unha versión humorística da Wikipedia- por causa dun artigo no que as siglas SGAE se identificaban, en español, con "Siempre Ganamos Algunos Euros", ademais de realizar unha chistosa descrición das actividades dos gardiáns da lei e a orde da propiedade intelectual.
En fin, que non deixarei pasar a ocasión sen lembrar a agudeza dos devanditos señores (como ben saberás, o Wiki baséase en que calquera pode entrar e modificar, polo tanto, abondáballes con atopar a tecliña de borrar no teclado e, por medio do seu Internet Explorer instalado nun Windows la-mar-de-legal, cantar as loubanzas da súa organización), así como as ideas que xa andan pola rede para molestalos na medida do posíbel:
-Poñer en blogs, webs e demais familia, unha imaxe semellante á que encabeza o texto.
-Facerlles Google-Bombing con "Siempre ganamos algunos euros", como xa se fixera con "ladrones" (para os non doctos na materia -eu érao ata hai nada-, conseguir escribindo SGAE e as citadas verbas que os termos se relacionen ao procuralos no Gúguel-.

2 Comentarios:

Blogger xornalistiña dixo...

perdoe por non decatarme da vosa presenza onte no "carrefú", pero é que onte tiña un día parvo e, por riba, estaba anonadada, xa que o aparello este que da a vez na panadería non tiña papeliños, pero a pantallina cos números si que estaba encendida...

3:09 da tarde

 
Blogger Caufield dixo...

RADICAAAAAAAAAAl!
:P
tomaremos exemplo sgae=pesetas
?

3:39 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home