Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

domingo, fevereiro 26, 2006

Non vira noite tan branca

De seguro que existe un cento ou dous de xeitos de voltar á casa un sábado de madrugada. Mais coido que estou en condicións de asegurar que poucos hai tan gratificantes coma estrear unha mesta capa de neve recén caída sobre pedra milenaria e, na compaña de dous bos compañeiros de viaxe, contemplar un ceo todo branco en plena noite e iniciar solemne batalla de mans conxeladas e riso sincero. Poucos vandalismos son tan inocentes e saben tan ben.

3 Comentarios:

Blogger oko dixo...

Eu sigo a agardar que neve nos mares do sur. non sabes a sorte que tedes...

7:58 da tarde

 
Blogger O'Xirarei dixo...

Nota mental: a estampa aquí arriba relatada sería aínda máis perfecta se non tivese que estar paliando os seus danos colaterais a golpe de Frenadol -en cápsulas-. Ai, a realidade, sempre molestando ;). Pero prestoume moito.

9:24 da tarde

 
Blogger Aultre Narai dixo...

bufffffff, como me gusta a neve!! que putada o dos danos colaterais; fai coma min, que nin danos nin toses chungas...

ollo grande, que o salitre tamén ten o seu encanto. xDD

1:10 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home