Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sábado, fevereiro 18, 2006

Machadas de realidade

Machadas de realidade
á volta da semana
dunha tristura non-querida-non-dixerida.
Horas que voltan
e desafían ao nó de medo
[de ollar aquén]
das imaxes da memoria.
Lembranza enganada [ou-non]
do neboeiro que cobre
o sol dun sorriso tolleito
[de agarimo que reborda
o sabor da perda]
O'Xirarei

2 Comentarios:

Blogger besbellinha dixo...

Ola, devólvoche a visita. Son moi medosa, vou con moito tino, non sei se me entendes.

Ademais diso, ás veces entendo as cousas por onde non son.De tódolos xeitos deixo aquí o que me evocaches.

É o recordo de miña avoa. Foise sen avisar, un infarto. Xa facía que non a vía. Non o acababa de meter ben na cabeza, no que iso significaba, non ata que un día fun á casa dos meus avós (sigue sendo así, en plural) e como por instinto case pregunto: "¿E onde está a avoa?"

Nese momento, como agora, véñenme as bágoas (non se preocupar, é moi doado que eso aconteza) e entón decateime de que non a ía ver nunca máis.

Dende aquela e para sempre acórdome dela e quéroa aínda máis. E estou segura de que ela ben o sabe.

Un bico enorme.

1:27 da manhã

 
Blogger O'Xirarei dixo...

Coido que entendiches a cousa polo sitio exacto polo que é. E deches no cravo, a min nestes días máis dunha vez, se me veu á cabeza a pregunta: "e onde está?". Grazas pola visita e o comentario, que máis que comentario é reflexión agarimosa que se agradece moito.

4:14 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home