Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sexta-feira, fevereiro 10, 2006

Habemus Paco!

Érgome ao despuntar ao mediodía, prendo a radio e escoito magna noticia. Sir Francisco Vázquez y Vázquez I de LaCuruña, el Dandy, abandona os seus dominios de-toda-la-vida para ocupar a embaixada de Las Españas no Vaticano. Miña-nai-querida. A Coruña líbrase dun elemento digno de mención, e non menos importante é valorar a cuestión de que ZP envíe a un socialistadetodalavida para suavizar a cosa con Bieito e compañía. Pero as análises profundas virán máis adiante, cando me pase a emoción.
Nota mental: Non esquecer recomendar a elexía xornalística perpetrada, xa dende esta mañá, por outros gallegos-de-toda-la-vida.

3 Comentarios:

Blogger oko dixo...

Aiiiiiiiiiiiii!!! Aínda non marchou e xa o boto de menos!!! E miroao ceo e exclamo: por que eu? que fixen eu para merecer isto...!!!
En fin, que sorte teñen en Roma, e non digo máis!!!

7:37 da tarde

 
Anonymous frioleiro dixo...

Que sepa usted que ha sido el mejor Major que ha tenido La Coruña. Esto hablando de La Coruña con "L", claro, pues la otra (que gracias a nuestro Señor ya casi no existe)es mejor ni nombrarla. Me quedé espetada cuando me enteré de la nueva... (je, je).
Que vaia con Dios (nunca mellor dito), e con el toda a camarilla que adula e que non é nada boa para unha cidade tan bonita coma A Coruña.

10:35 da tarde

 
Blogger Caufield dixo...

Hai que deixalo ir coma ao que xa botamos (menos mal!). E QUE NON VOLVAN!( e se volven azuzámoslles a Osama aí!)

3:42 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home