Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

terça-feira, janeiro 24, 2006

Grazas

Por levarme ao parque unha chea de mañás de verán
Por te preocupar por min
Por me dicir que me tiña que acostumar a andar só pola rúa
Por me sorrir
Por contarme esas cousas que eu non sabía
Por mercarme aquel reloxo dixital das Tartarugas Ninja e os cómics de 350 pesetas
Por xogar ao fútbol comigo no corredor da túa casa
Por ensinarme que non hai que lle ter medo ás treboadas
Por traer churros do San Froilán
Por ser eu parte das túas ilusións
Por todo o que dicías cando saía Aznar na tele
Por escribirlle unha carta a Felipe González
Por repetir que tapase a boca antes de saír á rúa, que vai moito frío
Por chegar aos noventa e catro

E perdoa... por non cho dicir demasiadas veces
Vémonos, seguro.

1 Comentarios:

Anonymous Wang dixo...

É precioso, e dedúcese todo sutilmente, o que pasou e tamén os teus sentimentos. Unha aperta moi forte e ánimo!

2:59 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home