Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sábado, janeiro 07, 2006

Folga das máquinas, acostumémonos prao futuro

Onte o meu ordenador decidiu rebelarse contra o poder estabelecido e negarse a traballar, púxose en folga coma o mellor reivindicador, no momento e lugar no que máis necesario é o seu traballo. Entrou nun camiño de non retorno cara ao reinicio eterno que provocou o seu formateo parcial, coa conseguinte perda dalgunhas fotos, bastantes frikeiradas, certos programas e bastante tempo... Hoxe, despois de pegarme con Windows, ipés, exes, draivers, installers e demais familia e cando tiña todo máis ou menos posto a andar, un becho repunante decidiu pasar facer unha visita, e volta a empezar. Rematei agora mesmo de darlle os toques básicos para recomezar a marcha. Quedan coma danos colaterais o traballo sen facer, a retina invertida na pantalla e a mala hostia conseguinte. Mentres e non, mañá... a miña primeira aventura motorizada interurbana. Contareilles, señores, contareilles como foi.

2 Comentarios:

Blogger oko dixo...

Déalle moito cariño. Co meu funciona
...

8:39 da tarde

 
Blogger Xosé Antón dixo...

Eu levo dúas semanas co meu tamén en folga: formateo total, perda de todo e agora non me recoñece a tarxeta gráfica nin a tiros. Posiblemente contrate algún esquirol que non teña tan mala uva

10:08 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home