Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

domingo, janeiro 29, 2006

Estampe/Imprima e copyceibe

É de todos sabido que non hai mellor que estar obrigado a facer algo pouco agradábel -léase estudar- para que a un se lle veñan enxeñosas ideas aos miolos que é necesario levar á práctica XA para que non caian no foxo dos grandes inventos que a humanidade perdeu por non ser quen os seus creadores de deixar os apuntamentos un anaco. Pois ben, neste contexto creativo insírese o enxendro gráfico que vostedes contemplan... se non o deseño, o concepto coido que é un produto que a nosa sociedade precisa, ou como mínimo algúns eidos e círculos desta, nosa patria. Mentres penso se o estampo nalgúnha cuestión máis ou menos téxtil, para dispoñer da mensaxe en todo o peito sempre que sexa necesaria -pensen vostedes cando-, copyceiben todo o que queiran.

5 Comentarios:

Blogger Caufield dixo...

Me caes mal joderrr, por certo, onte topeime cunha das nosas parellas favoritas, coa que tiven unha amiguil e buenrollil así en xeral conversación tipo: "Ei, tía, ¿que tal os exames?"
Pista: que para vivir contigo unha vida faise....COOOORTAAAAA

1:20 da tarde

 
Anonymous lehia dixo...

E facer unha chapa que se puidera levar cando aparecera determinada gentalha? Eu aposto por esta formula tan de quita e pón que tan bos resultados ia dar, e facer outra que puxera: "nos gustas, es que si"

11:30 da manhã

 
Blogger eternidade dixo...

digo eu que ese poderia ser o debuxo da camiseta do paso de ecuador. Seria divertido e distinto, non sei pode propoñerse.

8:13 da tarde

 
Anonymous F. Miguez dixo...

O ano pasado, un colega maís eu andivemos todo un día cun letreiro pegado nas costas (por vontade propia) que puña. "Non se canse, señora, son xordo". Atendendo a unha circunstancia particular con unha compañeira.

12:56 da manhã

 
Blogger oko dixo...

hai, canto me gusta esa frasiña. que ben se axeita á miña vida!!!!!!!!!

9:44 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home