Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quinta-feira, janeiro 05, 2006

Co bonito que é agasallar a típica gravata...

Teño un amigo que di que cando volves á casa, hai un momento no que sentes no teu interior que xa pasaches o límite de días de permanencia no fogar materno. Pois ben, supoño que estou nesa fase e, levado pola mesma, volvín a caer na ansia de explorar nos misterios, usos e costumes "desta, nosa cidade". Enfronteime hoxe á portada de El Progreso (diario de Lugo y su provincia, todos los días el primero) e alí atopei a estes pobres funcionarios, vestidos tal e como vostede pode observar. E é que a estes señores, que deberon ser moi malos, os Reis trouxéronlles -e aínda por riba por adiantado- senllos kits antidisturbios, con su casco, su escudito y su chaleco y todo. E é que non hai nada coma o tempo de Nadal para facer regalos útiles, agora ben, que facer un detalle non quere dicir dilapidar cartos e así, os prohomes/mulleres, munícipes lugueses, conscientes de tal cuestión, apenas invertiron oito mil euros en tan pintoresco agasallo. A miña mente perversa non pode evitar imaxinar, dentro de vinte anos, a un señor con barba xa branca e andares dubitativos que, en pleno salón de idem do Concello lugués, parafrasee a outro procer da patria berrando aquilo de "que pasen los antidisturbios".
Pero os agasallos non rematan aquí. Tamén se mercaron cousas útiles -sen ironía-, coma accesorios quitaneves. Pero o destino, sempre chisposo, fixo que os vehículos destinatarios de tales trebellos portasen nas súas placas de matrícula siglas de infausto recordo para aquel que agora rexe os destinos da antiga Lucus Augusti, tal e como vostede pode observar no anexo documental destas liñas, vehículos, por certo, mercados no tempo no que tales siglas facían que tal Concello fisexe ou, mellor dito, non fixese cousiñas como o dos detallitos de oito mil euros antes mencionados. Vivir para ver, señora, vivir para ver.
(Agora ben, de aquí en diante sempre poderemos dicirlle ao típico neno que non quere comer a merenda: "como no comas, te viene ese señor y te trae el escudo y el caso, como si fueras de manifestación"). Éche o que hai -ata que o cambiemos-.

Nota mental: Debería chantarlles a típica banda negra nos ollos a estes sufridos servidores municipais?

2 Comentarios:

Blogger MelroPreto dixo...

Sei que teño unha natural tendencia a encherme de amargor e pesimismo a boca cada vegada que penso ou falo de siglas. Mais de certo cre voçê que a participación de certas siglas tería impedido os gastos nas equipas de Madelman para a Policia Local?

Eu xa, visto o visto...

1:03 da manhã

 
Blogger O'Xirarei dixo...

Naquela altura, penso -ou agardo, en certo exercicio de pasado/ficción- que si se tería evitado. A tal hora, sinceramente, gústame pensar que si, mais non o podería, nin moito menos, asegurar. De calquera xeito, guapos están que lo flipas (quitémoslle ferro á cuestión).

1:40 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home