Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

segunda-feira, dezembro 26, 2005

Participe sen vergoña!

Nestes intres estase a desenvolver un proceso plebiscitario (pódese dicir así?) na miña moralidade que quixera compartir convosco. Tendo en conta o "abstencionismo tradicional gallego" (La Voz "de Galicia" dixit) e o delicado da situación, coido que o proceso de votación dos meus miolos morais estará claramente viciado e o mellormiroparaoutrolado gañará. Así e todo, señora, isto é digno de mención:
Tod@s os fans de El Correo Gallego temos coma unha das nosas paixóns diarias esa columniña da dereita (de onde senón) da contra do citado xornal, na que un señor agachado baixo o chisposo e cascabeleiro pseudónimo de Margarito Flowers (cabezadescansada, oiga) rajadediosysumadre e, xusto embaixo, atopamos un chiste lamardegracioso. Pois ben, resulta que El Correo convoca nada máis e nada menos que un concurso para encher ese espazo, e aínda por riba ofrecen premios. Dado o nivel dos participantes (van 192 perpetracións humorísticas a tal hora), coido que me podo despedir da pleisteixon pórtabol. En fin, para mostra, isto (sic)
CUESTION DE PESO.-
Por qué los casados están más gordos que los solteros?
- los solteros llegan a la cocina, abren la nevera y exclaman "joer lo de siempre" y se van a la cama
- los casados llegan a la cama, ven a su señora y exclaman "joer lo de siempre" y e van a la nevera.-
Nestes momentos cuestionarei durante un anaco o que quero facer da miña vida. Ou debera. Miña nai querida!

5 Comentarios:

Anonymous Xabre dixo...

Eu estoume aficionando (e dígoo sen ningún tipo de retranca) ao Galicia-Hoxe (o diario anteriormente coñecido como O Correo Galego).
Que opinas? Velo potábel?

12:32 da manhã

 
Blogger MelroPreto dixo...

Se é que a miña opinión tamén lle vale ao señor xabre, hei de dicer que eu son un grande afeccionado a ese xornal.
E imos ver/explicar: o G-H é un xornal, por así definilo, peculiar. Moitas veces, mesmo contraditorio. Mais novidoso en canto á estrutura e contidos de seccións. E acolle ese verdadeiro diario cultural galego que é a sección "Maré Hoxe", coordenada por Antón Lopo.
Nos xéneros opinativos, de volta o contraste: dende Fernán-Vello até o máis rancio da españolidade traducido ao galego.
En canto ao resto:pouco suceso e moita información de verdade; pasada por veces por un prisma digno de "Pólvora y magnolias" e outras veces por unha peneira propia de ANT. [Reafírmome no de contraditorio]
Mais dende logo é un xornal que nunca é aburrido, e que recomendo (iso si, nunca como única fonte diaria de información)

P.S.: Hai unha razón adicional, cando menos para o ler os domingos. A colaboración semanal dun artigo que vén de encomezar o profesor Beiras Torrado.

1:17 da manhã

 
Blogger O'Xirarei dixo...

Pois como diría o Gaiteiro Xurxo Souto, falou Melro e falou ben. Eu tamén estou bastante aficionado ao GH, que en ocasións non ten nada que ver co Correo e mesmo parece un xornal integramente galego no mellor sentido da palabra (véxase Maré, colaboradores coma o prof. Beiras, etc.). Aínda lle quedan cousas, (véxanse os artigos de Pilar Cernuda, que son unha ofensa tamén en galego ao razoamento humano), pero sen dúbida, para min, é de agradecer que un xornal estea dirixido por alguén que solicita, entre outras cousas, que o goberno asine "un contrato co galego".
Penso, en síntese, que non é mala cousa que te aficiones ao GH, nada mala!

10:26 da manhã

 
Blogger Xosé Antón dixo...

Que chiste máis vello

11:49 da tarde

 
Blogger LIARIÑA dixo...

lamentable, non fai falta chegar a feudos de Jiménez Losantos nin a tempos do cinema dos Ozores. Buff, nin para limpar o cú.

(a ti ben que che gusta ese xornal, non mintasssssss)

9:15 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home