Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sexta-feira, dezembro 16, 2005

Hable gallego

Leo en La Voz -dóndesinó- a nova da presentación da campaña da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade en materia de normalización lingüística. Segundo esta nova, certo director general de Juventud y Solidaridad presentou xunto co presidente da Mesa por la Normalización Lingüística, que comeza chamándose Carlos Callón e que, co paso das liñas de tal enxendro xornalístico, muta nun tal Carlos Tallón, a primeira campaña que esta organización promove xunto co Goberno, porque seica antes a Xunta non tevo interese en tal asunto. Bueno, pois iso, que Tallón quere fomentar el uso del gallego en este nuevo tiempo.

2 Comentarios:

Blogger David dixo...

Vaia cúmulo de despropósitos ;D!
Saúdos

10:05 da tarde

 
Anonymous lehia dixo...

Es que si neno! Mañá festa despois dos infinitos traballos, non morra no intento, e falar informalmente dun outro novo proxecto, ei, anoteime no da crtvg, mañá comentamos, bicos

5:34 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home