Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quarta-feira, dezembro 07, 2005

Feliz VIAducto

Comprendo que a de hoxe fose unha data sinalada, e é lóxico que sexa festivo. Neste LXXIV aniversario da Constitución do Partido Galeguista, o único que non entendo é que haxa quen se estea preocupando doutro tipo de Constitucións. En fin, alá cada quen. O certo é que a ponte en cuestión suscita en min varias inquedanzas:
  • 1.- Unha ponte moi grande NON é un acueducto, senón que é un VIADUCTO. Non sei se mandar unha nota de prensa aos medios, porque a min, coma bo friki, ponme bastante nervioso a cuestión da confusión.
  • 2.- Aínda NON é Nadal, a Deus grazas, por moito en que todo o mundo se empeñe.
Ben, despois destas cuestións de carácter máis ou menos técnico, direi que estas datas son as que sempre non aproveitei, dende os meus tempos colexiais, para non facer todo o que teño atrasado e o único que aproveitei foi un martes coma se fose domingo, pero estando nesta, nosa cidade, dun xeito máis ou menos obrigatorio-estratéxico. Non foron todo penurias, non penses, houbo tempo para unha conversa tan agradecida coma novidosa, pola súa natureza, unha breve saída vespertina e unha sesión de TV, cousa rara na vida de quen lles fala. Aí andamos, aí aí.

3 Comentarios:

Blogger oko dixo...

Ei, eu onte vin Sabrina y sus amores!!! (por enésima vez!!!)
É tan bonito que a filla de chófer se case co rico e que , ademais, o seu pai (o chófer, claro) lle teña aforrados dous millóns de dólares... ai, comolavidamisma!!!

2:48 da tarde

 
Blogger Marinha de Allegue dixo...

oko. Eu tamén a mín jajajajajjaja (qué triste). A de hoxe ainda era peor casaban de tres en tres.
:)

6:05 da tarde

 
Blogger O'Xirarei dixo...

Pois eu hoxe vin dous telexornais e Cuéntame. Despois empezaba o programa do Pepe Navarro, que tiña coma convidada á Pantoja, e o meu psiquiatra mandoume prá cama. Évos o que hai.

10:53 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home