Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sexta-feira, dezembro 30, 2005

Cantos goles metemos onte, cantos


Poucas veces sentira cóxegas (fame aparte) no bandullo horas antes de ir ao fútbol. Nunca antes probara a camisola do meu equipo antes de me dirixir ao campo. Na miña vida elucubrara como sería tal partido. Non puidera sentir que eu tamén, dalgún xeito, xogaba alí abaixo. E é que hai noites que saben a sorriso, a "cantigas e aturuxos nosos", a bo humor, a fachenda sá...
Baixaba por unha escaleira ateigada de xente, entre dúas bancadas, e despois de lle chantar nunha viraxe o meu paraugas-bandeira nas costas a un seareiro, este non só non me berrou, senón que me deu unha palmadiña na espalda. As nosas camisolas eran iguais. En seis cadeiras á redonda da miña, había galeg@s dende os 6 0u 7 ata os sesentaelargos anos. Sentinme feliz e con gañas de dar bicos despois do segundo ou o terceiro gol, non o lembro, estaba demasiado ocupado quitando fotos, dándolle aos palitroques, abaneando a bandeira e deixando a gorxa, procurando que o ZA se escoitase máis ca o CIA, aínda que tampouco importaba demasiado.
Da noite de onte quedoume unha bandeiriña de plástico, dous palitroques aínda por inchar -para o próximo-, un libriño, un Vieiros histórico, a letra do himno e a bandeira vacuna compartindo panfleto... e unha sensación, como diría certo ghaiteiro, tan bonita... que mete medo. Fiquei ademais cun sentimento que me di que onte metemos algún gol maís ca os de Nano e Deus, ou iso agardo!

3 Comentarios:

Blogger O'Xirarei dixo...

Voume autocomentar. Lidas as críticas de cara ao espíker do partido, furgarei un pouco máis na ferida. Ese é o mesmo espíker do Leite Río Breogán, do Clube Deportivo Lugo, do Ázkar Lugo... compañeiro pseudohumorístico de plató da anfitriona de certo programa -felizmente malogrado- viaxeiro... pouco amigo do galego en público e máis amigo de San Marcos (Palacio de)e os seus habitantes. O que non sei é como chegou a ser o espíker da Selección Galega.

11:49 da tarde

 
Anonymous IaRRoVawo dixo...

A verdade é que o partido foi impresionante. O ambiente nas bancadas foi impresionante, nunca tal vira na Galiza. Foi un fito historico.

2:03 da tarde

 
Blogger oko dixo...

Ai, que ben o pasei! Foi unha grandísima noite! Algún día contereillo con saudade aos meus sobriñonetos!!! Que grande é este noso País, cando quere!

...

7:59 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home