Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sábado, novembro 05, 2005

Magostos!

Gústanme os magostos. Non é estraño que a quen subscribe estas liñas lle apaixone unha festa que basicamente consiste en comer castañas e beber viño, todo isto ao son da gaita e, se se dá o caso, das bombas de palenque. Co frío que vai a tal hora e cun magosto a cincuenta metros da casa, coido que as treboadas familiares e redaccionais deberan ser deixadas nun segundo plano para, co primeiro incauto máis ou menos achegado, coller e ir catar o froito do ourizo. Agardo que este non sexa o único nin o mellor dos magostos deste outono... teño posta a esperanza noutros cun potencial moito maior, xa sexa polo que son, polo que lembran ou polos efectos que provocan.
[Nota mental: os de Galiza en Goles SI len os correos-e que se lles manda]

2 Comentarios:

Anonymous María Varela dixo...

Aiii, un magostiño que ben me viña agora mesmo...pero por Madrid nin sequera saben o que é, e o outro día expliqueino e rironse de min. ¡Non saben o que se perden!
Moitas gracias por entrar no meu blog de deportistas galegos, e respecto o de facelo nesta lingua, a resposta é que o blog é un traballo para unha asignatura da carreira.
Moi interesante o teu blog, pasareime máis veces por eiquí. Un saúdo.

11:14 da tarde

 
Anonymous Anónimo dixo...

wPois hai un mui interesante o 18 de Novembro na Praza dos Bombeiros.Ao parecer convocao o Foro da Mocidade

5:54 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home