Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sábado, outubro 15, 2005

Tuning téxtil, señora!

Proposta semi-perversa que se me veu ao miolo ollando durante uns minutos a creación de aí abaixo... se eles non lle puxeron o nome, poñámosllo nós! O día 1 de novembro seica se poñen á venda as cousas feas da Selección; pois ben, metámoslles unha posta a punto -gastando uns euriños de mais, iso sí- e estampémoslle o nome no peito para que luza como se/nos merece/mos [se o levamos masivamente, máis barato seguro]. O modelo viría sendo este mesmo (aínda non temos medidas, pero botádelle uns 25x10 centímetros, cuartarribacuartabaixo). Así de paso dámoslle temas á intelectualidade para que columneen con saña e gusto.

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

O usar o tipo de "letra galega" que promocionou La Voz é usar armas do inimigo ou ser tonto internacional. Vostede decide.

2:44 da manhã

 
Blogger O'Xirarei dixo...

Home/Muller, atribuirlle este tipo de letra a La Voz é ter unha visión tipográfica que non vai alén do ano e pico. Eu persoalmente teño esta tipografía dende bastante antes de que a La Voz lle dera por publicala. Penso ademais que moitos do que a empregaron en cubertas de libros, etc., etc., non tiñan moi a man un cd-rom na época. Corríxame se me equivoco.

3:52 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home