Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quarta-feira, outubro 26, 2005

O máis normal

Sentado diante dun café e dun xornal catalán escrito en español –agás moita da súa publicidade, caros espazos moitos deles en catan, tanto os de procedencia institucional coma privada- non podo evitar poñre en práctica ese deporte tan internacional que é o de “poñer a antena” ou, o que vén sendo o mesmo, facer, dun xeito máis ou menos casual, que as ondas sonoras procedents dunha agrupación humana allea ao ámbito de relación habitual penetren nas propias orellas, a xeito de indiscreto rádar.
Nestas me atopo cando escoito, ou oio, certas voces de corte teatral. Son cinco mozas e un mozo, e percibo algo tal que así:
-¿Qué quieres?
-Tengo que decirte algo
-Si te quieres divertir con la radio, quédate con nosotros
-Uxía, atiende, ¿qué te ha parecido?
-Eso es aún más carallada
Desconecto. Son, polo que escoito e deduzo, e dado o lugar en que nos atopamos, proxectos de xornalista, masa aínda non modelada que se atopa na súa primeira fase, aínda dúctil, do proceso que os levará –ou non- a facer da verba e/ou da imaxe, nas súas diversas vertentes, o seu xeito de vida, de substento e traballo. Danlle os últimos retoques a un traballo práctico de creación libre, encargado por un profesor monolingüe en galego. Terano que ler nun estudo radiofónico da facultade, cun rótulo na porta escrito en galego.
Seica o centro que modela aos que serán xornalistas ou, coma eu gosto de lles chamar, contadores da vida, é un lugar privilexiado para isto da lingua, o que presenta maior porcentaxe nisto das clases, as comunicacións escritas... Nun taboleiro, na parede, debaixo dun anuncio dunha “escola galega” de diferentes idiomas, escrito en español –agás o de “escola galega”- xace un cartaz debuxado a man sobre papel de estraza, cunhas coloridas letras que, formando unha franxa diagonal azul celeste, reza (ou implora): “As túas prácticas, tamén en galego. O máis normal”.

3 Comentarios:

Blogger oko dixo...

canto traballiño nos queda aínda por facer...

12:23 da tarde

 
Blogger LIARIÑA dixo...

MOSOOOOO que non foi a resacaaa!! Díxome o médico que tiña un viruss así que non todo foi o viño do porrón... E é que é ese viño e as cancións dos Dplomáticos non podían ser mala cousa.


(aínda me caes mal)

9:08 da tarde

 
Blogger O'Xirarei dixo...

Señorita! Non se escude vostede nos virus para disimular a afición ao viño de porrón, aos antros de mal vivir e ás malas compañas. Corríxase!!

12:49 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home