Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sábado, outubro 15, 2005

Encontros -e sen Maricarmen Cacharra-

Paseaba eu a carón da muralla luguesa (símbolo da unión de todos e todas, desta cidade que facemos cada día con esforzo etecé vivasanfroilán) cando, de súpeto, sen previo aviso, vin aparecer a súa figura polo adro da catedral. Ao tratarse de tan sacros lugares, este humilde servidor non puido senón pensar que se trataba dunha verdadeira aparición divina... non ía a cousa moi lonxe da realidade. Ese home que avanzaba, bolsa ao ombro e faz ergueita, cara á porta de Santiago non era outro que Xil Ríos, o mesmo e único, o que nos insta a non decaer, a falar galego, a bailar até caer de cú na praia e outros grandes éxitos. Fitámonos por un segundo, quedei mirando para el e el cara a min, pensando se sería un fan histérico ou un atracador. Seguín o meu camiño, hai encontros que é mellor desexar sempre hehehe. Que non decaia! (Acto seguido, collín o móbil e comenteino con quen souben que sabería aprezar o encontro tanto coma min)

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

O ceto é que si. Imaxino perfectamente a túa situación."Xa é tempo chegado de sentirnos irmáns. Falemos todos a fala dos nosos avós". Abofé que si.

4:15 da tarde

 
Anonymous Anónimo dixo...

Xil Ríos é unha icrible persoa, un importante talente e unha gran voz.
Ese mesmo que "ten dereito na súa terra a vivir, sen ter quir polo mundo disposto a sufrir". Xil Ríos é o mellor

11:28 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home