Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

segunda-feira, outubro 24, 2005

De fin de semana

Estiven de fin de semana, e sen saír "da casa", stricto sensu. Saín o venres da factoría, despois dun anaco de présas ou presiñas e un encontro tan desexado coma inesperado, e logo tamén dun deses paseos automobilísticos obrigados pola presión social -a 15€ a sesión-) mergulleime na fin de semana. E case me mergullo literalmente, debaixo dunha treboada con lóstregos que facían do mar de pedra unha macrodiscoteque desas (a música era bastante máis agradábel, iso si). Despois... macro-encontro compañeiril compostelán ao abeiro do polbo, a zorza e o xamón asado, todo un luxazo, e, como non podía ser doutro xeito, noite licoreira, de apertas, sons e clubes de fans! (cunha presidencia e secretaría la leche de radical jajajaja). O sábado... ao despuntar o mediodía saquei o fuciño pola fiestra e fun un amo de casa vulgaris: sesión de lavadora e Gadis, todo moi propio, e unha longa noite sobre a pedra ao son do porrón. Só restaba un regreso agardado dende o sofá da casa. Un bico, unha aperta e adiante. Así dá gusto.

2 Comentarios:

Anonymous lehia dixo...

Presidenta e fan extremista avergonzada da cantidade de fotos que lle saquei a altisima calidade que ocupan no meu infinito correo de gmail 61 megas!!! Carais, teño todo un book seu... O que non faga o barrantes. Por certo, temos proposta picheleira cool, se facemos unha lista de correos para pasarnos convocatorias tipo a de hai un par de xoves?, temos informacións para seguir de perto á señora do vestido negro...Como lle paso ás fotos?

5:27 da tarde

 
Blogger O'Xirarei dixo...

Éncheme de orgullo e satisfacción a súa proposta, cada día estamos máis preto de nos converter nuns cool-militarrak presentes e canto sarao con canapeses de deseño haxa nos sitios máis in da capital. Señora do vestido negro, GUAPA!

10:10 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home