Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quarta-feira, setembro 28, 2005

U-la bandeira? (matarile, rile, rile, chim-pón)

Leo en La Voz unha información que non deixa de facerme certo chiste. Seica na toma de posesión do delegado da Consellaría de Cultura de Ourense desapareceu (sic.) a bandeira española y olé. Pois unha desgraza coma outra calqueira, a verdade é que si, éche o que ten, hoxe aquí, mañá alá, hoxe estase e mañá non se está. Que lle imos facer... en fin, estou pensando en chamar a La Voz para que publiquen que no cartón que o Estado español me obriga a levar no peto, pon que é nacional (como a enseña desaparecida, segundo a mesma fonte informativa) e a min non me parece tal, e tamén desapareceu unha bandeira, que neste caso é a miña. Y me parece muy mal, y una provocación, y un desafío al estado de derecho y etcétera etcétera.

1 Comentarios:

Blogger oko dixo...

e non obstante agora no benegé estásn a retractarse e a buscar escusas de mal pagador para xustificar a ausencia da bandeira...
vaia decepción!

9:13 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home