Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

domingo, setembro 25, 2005

Sobre a metafísica do churrasco

En noites coma esta un comprende a verdadeira metafísica do churrasco e do viño da casa, dos criollos, do café con pingas e do chupiño de licor de herbas ou café. E está moi certo de que, calquera día, as decisións que trocaran definitivamente o futuro do país serán adoptadas coas mans pousadas nun mantel de papel.

2 Comentarios:

Anonymous agarrador dixo...

A miseria de ter a botella agarrada para botar viño, e que o grao etílico en vea impida ser consciente de que está baldeira.
A marabilla de ter a cociña ao carón para poder reclamar, a berros como coas cousas importantes, "outra botella!!".

E un mantel de papel.

1:24 da tarde

 
Anonymous Anónimo dixo...

dios! que tres patas pra un banco se foron xuntar!!!

2:10 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home