Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

terça-feira, setembro 20, 2005

Non me toquen a (miña) infancia eh!



















Teño tachado en múltiples ocasións de anacrónicos a moitos medios do país, e ao grupo propietario deste que nos ocupa tamén. Así e todo, nunca foi por motivos tecnolóxico-sentimentais coma o que aquí nos ocupa. E é que en plena era da pleisteixon portátil, dos emepetrés, dos deuvedés... en Galicia Hoxe, ese fenómeno, ilústrase unha nova sobre a violencia escolar e a implicación dos videoxogos -coma se dun "informativo" de antena3 se tratase- na mesma cunha Gameboy das dos meus tempos!! e, se non me equivoco, a rapariga en cuestión está xogando ao Tetris!.
Pero como se pode difamar desa maneira a un chintófano tan inocente como a Game Boy, que non podía mostrar sangue anque quixese, porque a pantalliña non lle daba para máis. Se Súper Mario era un cacho de pan e o Tetris estimula o miolo que dá gusto. Onde imos ir parar, por Deus!!! Ollo ao pé de foto: "un pasatempo que ocupa a diario gran parte do tempo de lecer de pequenos e adolescentes" ata aí dacordo, pero dos pequenos e adolescentes de hai dez ou doce anos!