Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

segunda-feira, setembro 19, 2005

No-puedo-con-mi-vida

Momento friki. Atópome revisando a prensa patria correspondente a data de onte, concretamente o Galicia Hoxe, cando atopo esta magnífica escena familiar: Esther, Emilio e Pepe, un amigo da familia, comendo de campo en Caldas ao máis puro estilo "Festa do Maior" ou "Festa da Emigración". Todo moi propio, incluído o momento "tómalleoutraemilitohostias, que hoxe é un día", recollido á pefección nesta instantánea (Esther advirte "que después dices tonterías"). Mais non é o "veña máis viño, taberneiriño" o que me perturba, senón o atuendo destes dous homes de Estado, aquí presentes. Disciplina de partido? Márketing? Agasallo corporativo de Nadal? Detalliño de ZP, que os fai en serie? Que me van os dous coa mesma camisa!!!!! -Señores, sinto dicir isto, mais Galiza precisa un Boris Izaguirre, para que non sexa un quen teña que facer este tipo de cousas, por Deus-.
Nota ao pé: Decatémonos de que todos os señores dos arredores non levan chaqueta, agás os nosos dous amiguiños... coquetos eles, por non padecer o risco de que, á hora dos licores, algún compañero, os instase a cantar unha do Dúo Dinámico ou dos Satélites, por aquilo do uniforme...