Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

segunda-feira, setembro 26, 2005

Están aí, e veñen a por ti...

Ata o de agora, un dos motivos polos que ensalzaba a estes santos lugares nas miñas conversas máis ou menos taberneiras, era porque a capital luguesa (esta, nosa cidade, que a facemos entre todos, etc., etc., como diría o sumo sacerdote) aínda podia alardear de non ter un deses comedores imperiais famosos-en-el-mundo-entero, onde o material do que se fai a comida e do que se compón o agasalliño que che dan con ela non se diferenza en gran cousa. Ben, pois descubro hoxe entre as páxinas de El Progreso un anuncio que confirma as ameazas verquidas nos últimos tempos sobre a cidadanía. Nunha verdadeira perversión marquetiniana, os señores macdonaldentos chantan un par deses arquiños amarelos a xeito de porta da muralla, nun exercizo de simbolismo que me atrae e me dá medo a partes iguais. Pode significar moito máis do que semella, unha caste de "Xa están aquiiii".
Ben, a cousa trátase basicamente de que McDonald's busca mercenarios de-la-tierra para que vendan plástico através dun insulto culinario á carne de tenreira. Para iso, pervirten un monumento e chantan un L diante do nome do centro comercial (sobre o cal me estenderei convenientemente noutro momento, aínda que supoño que seguirá a liña iniciada por El Puerto de LaCuruña). E aínda por riba se autodenominan "restaurante". Que valor.

1 Comentarios:

Anonymous euskal-hippie dixo...

Sempre nos resta ir nós antes a por eles.

11:12 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home