Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quinta-feira, setembro 29, 2005

Desta non :(

A cousa comezou ben, chegada á morada sentimental nunha tarde moi agradábel, cun sol setembreiro destes que provocan optimismo porque si. Despois dunha visita parcial ao meu zulo provisional e unha conversa esperanzadora que fai posíbel que ese sector galpón non sexa a miña morada definitiva, anaco na factoría. Unha boa noite entre o centro pétreo, a casa dun gran compañeiro e dúas chamadas que souberon a gloria culminaron un bo día.
Hoxe era "o" día, a cita definitiva, o momento preciso, desta tiña que ir. A miña experiencia nestas lides mataba -máis ou menos- os nervios, e mesmo me permitín o luxo de apaciguar a unha pobre muller á que estaba a punto de darlle mal.
Agardo-monto-avanzo-pare-que fixen-preguntelealosdedetrásloquehizo-portazo-merda, non o vin
E deume por vagar, vagar por aí sen saber moi ben onde. Rematei na segunda catedral dando a volta ao ruedo, comendo (con música de Luis Cobos de fondo, que xa manda carallo) na porta de entrada á liña vital secundaria e, cun cabreo monumental -apaciguado, todo sexa dito, por unha voz da que hoxe precisaba- e unha frustración relativa que se mitigará ou se fará máis fonda segundo as circunstancias, marchando. Non marchando a onde me pedían os adentros, senón onde as reivindicacións transportísticas me permitiron -digamos que a folga a montaba quen a montaba e non é plan de llela montar eu a eles (chega a ser a Freire... y-las-de-dios). Pois iso, que desta non foi.

2 Comentarios:

Anonymous ya sabes... dixo...

sabes de sobra q no es pa tanto, q eres todo tragedia...te veo el domingo si la freire te deja y con un pco de suerte m hago la encontradiza el domingo. bicos

6:50 da tarde

 
Anonymous ya sabes... dixo...

lo de encontradiza es el sabado, q tengo una tonteria encima... q se ira cuando me espete contra una farola;)

6:52 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home