Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quinta-feira, agosto 25, 2005

Paco á Selección??? :P (Errare humanum est III)

Leo en La Voz unha nova que me inquieta. Nunha información referente ás xestións da Dirección Xeral para o Deporte para a creación da Selección Galega de fútbol -estendereime noutro momento sobre o asunto, que a ocasión o merece-, e máis concretamente no seu derradeiro parágrafo, faise mención aos posíbeis capitáns e adestradores da nosa selección. Pois ben, seica se manterán contactos con Fran e Míchel Salgado (tonto y retrasado, como di o falar popular, o mesmo que se fai fotitos cos Ultras Sur), no que a xogadores se refire, e con Arsenio Iglesias (enorme!) e Francisco Vázquez no eido dos adestradores. Agardo que esteamos a falar de Fernando Vázquez, e que o erro se debese á deformación profesional de FernandezLatorre'S Press House. Aínda que paco ben luciría no banco dando ordes, co chándal posto eh! "Arrejúntese a la banda hombre!!! Qui así no vamos a ningún lao! Si esta fuera la selección de Lacuruña..."

[Chégame a información, horas máis tarde, de que o erro provén da fonte, isto é, da Xunta e da súa nota de prensa. Se temos en conta isto, e que en todos os medios (polo menos os dixitais consultados por un servidor) o erro aparece tal cal, extraeremos coma conclusión o sen fondo que pode estar o saco no que se meten as recomendacións da factoría de xornalistas -fas isto na clase e un suspenso non sei, pero unha bronca cáeche como está mandado-]

6 Comentarios:

Blogger mourullo dixo...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

12:02 da manhã

 
Blogger mourullo dixo...

O erro sae de copiar da páxina da Xunta, fonte primeira do erro.

www.xunta.es/periodico/seleccion.htm

12:04 da manhã

 
Blogger Caufield dixo...

Vamos como motos chavales!!!!!!!!!!!!!!!Na Seleccíón nooo q non gañamos un!!!!Estou moi contenta pero teño dúbidas?(sobre todo referentes a miña camiseta de Selección Galega Xa!Que fago?Tíroa?Doulla a quiennodebesernombrada para que a venda xDDD?)Q!Q!Q¿?¿?¿?:)

3:31 da tarde

 
Blogger oko dixo...

paréceme fatal. sodes uns batasunos. nada de meterse con el señor paco vázquez...

(que eu aínda o quero, a pesar de todo, que o meu é un amor puro, que si el entrenara á selección seguro que chegabamos a campións do mundo mundial!!!!!
pacotioguapo!!! que viva lacuruña y su alcalde!!!)

3:44 da tarde

 
Blogger O'Xirarei dixo...

Esta seleción os va ir como una moto en un circuito de fórmulauno chavales! Os lo dice vuestro alcalde, amigas y compañeros [Paco tío guapo forever]

7:49 da tarde

 
Blogger MelroPreto dixo...

Entón si que comprería unha campaña de descrédito dos Maristas por envelenadores do fútebol do noso País.
Xa o din algúns en Clunia.

2:13 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home