Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sábado, agosto 20, 2005

Lugo te es encantador, hombre, te lo estoy a dicir

Descubro A Ouriceira, un novo punto de rede para invertir os minutos, bilingüe galego-catalá e cun toque de lucensismo que me gusta moito. Na miña primeira visita leo a mención a un tema que eu vos quería comentar e que a miña cabeciña esqueceu postear pero vaia, máis vale tarde que nunca -aínda que valla máis cedo que tarde-. A cuestión xira en torno á pacovazquización do Concello deste santo sitio, grazas á inestimábel labor do sumo sacerdote e mais os seus conxéneres. Rasgos típicos desta enfermidade son a implantación de mobiliario urbano estravagante, ornamentación cando menos discutíbel e, sobre todo, a españolización e olé da vida municipal, da que agora se pode ter boa conta no dominio lugo.es, moito máis bonito que concellodelugo.org -e grazas que non nos tivemos que enfrontar a un aytoellugo.es ou cousa semellante-
A última, que non derradeira, mostra da forza españolera orozquiana é a posta en marcha de El Encanto de Lugo, un programa de visitas turísticas teatralizadas polo casco vello. Se ben a idea coido que é moi boa, e de feito está triunfando entre os turistas que xa visitan a cidade, na mesma o galego directamente non-existe, e na súa promoción se cambiamos a muralla pola Puerta de Alcalá ou o Acueducto de Segovia ben podería ser unha campaña publicitaria destas localidades, por dicir algo. E así as cousas, temos todo un plano de excelencia turística no que o galego non aparece nin por asomo, a cultura do país fica relegada ao folclorismo que tanto lles gusta aos da escola de Paco etecé, etecé, etecé. Despois que? pois unha nova edición das festas de Spain Froilán (termo acuñado por un compañeiro con futuro no futuro destes santos lugares), concelleiros dando roldas de prensa en-perfecto-castellano, actividades da concellería de "xuventude" privatizadas e coordenadas por unha experta coñecedora da democracia dixital que ben podería ser concelleira en Murcia ou La Rioja... en síntese, unha falta de respecto por Galiza e polo galego que esta cidade non coñece dende tempo inmemoriale, cando as hostes peperas campaban ás súas anchas polo pazo da parte alta da Praza Maior. Houbo catro anos nas que as cousas se facían doutro xeito, porque había quen poñía sentidiño, terra, traballo, lingua e país.

2 Comentarios:

Blogger Xabre dixo...

Que ilusión verme aludido na túa bitácora! Felicidades polo teu blog. Viva a retroalimentación!

9:47 da tarde

 
Blogger pacocabarcos dixo...

boas xirarei. estamos no 2006. gustame o da pacovazquizacion. en xeral estou dacordo contigo.gustaríame aportarche munición pra a túa loita que tamén e miña contra lucensismo e outros males que eu estudo no meu libro el peso de los pallolos lucenses en las decisiones de la curia ROMANA.e sinceiro o que che digo

10:11 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home