Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

terça-feira, agosto 16, 2005

Desta ten que ir!

Meto as cousas na bolsa e diríxome a un retiro espiritual de dous días. Á volta, no mellor dos casos, o que subscribe será xa ademais de todo o que é agora un perigo potencial para a vía pública, que adquiriu tal condición através dunha inversión de moitos euros que prefiro non lembrar. Podo confesar que estou dos nervios a tal hora, mañá pola mañanciña, a enésima oportunidade.
Ademais, estes dous días permitiranme -agardo- poñer un parchiño no déficit que levo sufrindo todo o verán que, se todo sae segundo o previsto, arrivará na morada onde a miña liña vital está, ata certo punto, aparcada ata que o outono chame á porta. Precísoo.Contareivos como foi.

1 Comentarios:

Blogger Modesto dixo...

Ánimo! (eu teño que renovar o marabilloso papelorio rosa, que agora é un carné pequerrechiño, dentro dun mes, así que, xa fai dez anos!)

9:06 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home