Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

terça-feira, agosto 02, 2005

Burramia adhesiva

Leo en El Progreso (diario de Lugo y su provincia, todos los días el primero) unha noticia que ten pouco de primicia e moito de triste ou, mellor dito, lamentábel. Sae, coido que por primeira vez, nos medios algo vencellado á actividade desta xente tan triste que nos últimos tempos anda por estas latitudes. Destavolta son pegatinas contra a roupa chinesa, antes foron contra o aborto ou reivindicando a "festa" do 18 de xullo, ou simplemente dándose autobombo e emporcando papeleiras, farolas, colectores e demais mobiliario urbano. Fixeron tamén pintadiñas nun alarde de vandalismo españolero y olé, e mesmo están a elaborar un amago de páxina web.
Non direi se é bo ou malo que esta xente saia xa nos medios de comunicación, aínda que só sexa en El Progreso. Tampouco direi nada sobre o feito de que non se lles teña aplicado a norma municipal que prohíbe colocar adhesivos, cartaces e demais propaganda sobre o mobiliario público, máis cando todo o material está debidamente asinado (corrixido con rotulador, mais asinado). Mais, dun xeito ou doutro, coido que a aparición destes personaxiños merece unha reflexión. É moi triste que xente que en nalgúns casos nin ronda os vinte anos, se vaian de españolitos radicales e, ao berro de "Santiago y cierra España", xoguen ao que están a xogar. Xa sei que despois os perigosos seremos, ou serán, outros. Pero cómpre ter en conta que as maiores liortas e as peores consecuencias sempre agromaron nos cerebros máis baleiros. Por exemplo.

1 Comentarios:

Blogger MelroPreto dixo...

Contra o odio irracional,
contra os que no 36 que deixaron as cunetas enchoupadas de sangue,
contra Don Manuel e Jose Antonio,
contra a Santa Inquisición e Pro-Vida,
contra os carnés que din "sus labores" cando queren dicer anulación,
contra do macho machote patrio
contra os que submeten a liberdade á "irrevocable unidad de destino
...

contra eles, sempre contra eles.
[porque nós seguiremos tendo a chorima e o Pedregal de Irimia, e o sorriso do pícaro timoriano no día da independencia; e estaremos en Gaza contra o muro, e na Quintana cada 25 de Xullo acompañados por Marcos en "las montañas del sureste mexicano"; e seguirá connosco o trisquel do Castromao e o caravel vermello moi vermello, como as estrelas]

2:19 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home