Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sexta-feira, julho 29, 2005

ZP rompe españa

A revista de humor Época (que vén sendo como El Jueves -con todos os meus respectos para esta publicación- pero con chistes dereitosos) publica no seu último número esta inquietante portada. Conste que o mapa é caralludo, e a cara de malo maloso malísimo de Zapatero case dá medo. Que vienen los rojos!!!!Por certo, que saibades que nós somos protagonistas da ruptura de España: "Galicia se suma a la ofensiva rupturista. Emilio Pérez Touriño es, a su vez, un pelele en manos de Anxo Quintana, quien ha impuesto la agenda política de ir, en seis meses, a una reforma estatutaria, con Galicia como nación." Non vos encanta??? a min si :D. Deus vos oia e tome boa nota! Son magníficos estes señores.

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

a min tamén me encanta muajajaja

9:40 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home