Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

domingo, julho 31, 2005

Reflexións a moi altas horas e nun estado peculiar

Escribindo baixo os efectos dos licores espirituosos patrios todo semella máis difuso. De feito, coa cabeza vagando con iniciativa de seu, sen contar co seu lexítimo reitor, tan só fica escribir o que ela considere máis oportuno. E así, poderemos concluír que foi esta unha noite positiva, na que entableo conversa con certo sector das miñas amizades de anos anteriores, continuei o labor de politización de persoas desideoloxizadas (alomenos aparentemente) e rematei compartindo licores, bares e reflexións cun moi bo compañeiro. De camiño á casa, atopei a un rapaz ao que sempre aprecei e ao que perdín sen querer facelo. E falamos durante un anaco, agardo que non sexa a derradeira conversa, e que algún día chegue o momento en que volvamos falar no banco de en fronteá casa das nosas cousiñas, dos nosos devaneos co sexo oposto, da vida en xeral. E así, con isto e moito máis, cunha chamada telefónica curta mais intensa, cun amor inmenso por unha persoa magnífica e pola Patria, despídome, cando menos, até que os efectos da resaca fagan o seu labor. Boa noite!