Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sexta-feira, julho 15, 2005

Reflexións a máis de 30º non poden ser boas

Trinta e bastantes graos sobre min contribúen a atoar un pouco máis os meus miolos que, por outra banda, non é que estean no seu mellor momento de forma. A xente marcha para un sitio, para outro, por propia vontade a maioría e obrigados os menos. O certo é que a xente marcha ou non vén, ou o que sexa. E os demais aquí estamos, aguantando o tirón como se pode. Moitos graos aí fóra e moi poucos por aquí, no máis fondo de todo. Despois dun día que a tal hora xa poderiamos dicir que a súa vida útil rematou (18:02, triste, seino) coido que a proxección das vindeiras semanas e non é a mellor, agás en momentos puntuais, obviamente. Ausencia, mágoa por non ter feito o que noutrora causaba pesar -mais menos có actual-, por ter que poñer excusas, por ter que poñer boa cara, porque aborrezo suar sen motivo, máis ausencia, brazos baleiros que precisan destino. Hai días nos que me gustaría estar máis integrado no rabaño, xúrovolo.