Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

terça-feira, julho 12, 2005

O planeta inexistente


Estaba o aspirante a contador da vida recuperando o ritmo logo de idas e vidas, de voltas e revoltas, de regresos que non remataban de selo, de apertas gardadas no peto e de noites soleadas cando se decatou de que xa podía mostrar, a todo aquel a quen lle interesase, o seu planeta. Xa non había risco de que llo roubasen, nin sequera de que llo estragasen o máis mínimo. O seu planetiña, ata nova orde, xa non existía. Agora non existía dun xeito material, era itinerante, como as ideas, como o amor.