Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

segunda-feira, julho 04, 2005

O mar dende a barca de pedra


En plena singradura, o aspirante a contador da vida subiu á cuberta e ollou o mar. Estaba calmo. Agardaba unha nova escala de noite tranquila. Que fermoso locía o mar. A tripulación, afanada no seu labor diario, non sempre se decata da venturosa sorte da barca de pedra, que pode surcar estas augas. Ao aspirante, ese día as tarefas levárono a mirar o seu mar. Retratouno para gardar unha parte para el só. Dende o porto poderá, así, ver o mar aberto.