Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quinta-feira, julho 28, 2005

Galiza merece máis, tamén neste caso

Lembro cando, a comezos de 2003, moitos mozos e mozas saiamos á rúa para dicir, NON á guerra e, porén, non á violencia, non ao imperialismo, non á imposición da vontade pola forza das armas. Nesa altura, un dos lemas máis repetidos foi aquel de "Paremos a guerra antes de que comece". Salvando, obviamente, as distancias, coido que ese mesmo lema é aplicábel ao, dende todas as perspectivas posíbeis, lamentábel e triste suceso ao que asistimos o pasado venres en Compostela. Un caixeiro, unha bomba, dous mozos, unha parede reventada e nada máis porque Deus non o quixo. Coido que Galiza merece moita máis altura de miras ca unha bomba, bombiña ou bombaza nun caixeiro.Os nacionalistas, tamén os independentistas, fomos sempre dos primeiros en dicir que non hai mortos menores nin guerras boas. Nunca houbo bombas boas, nunca.
Un bo documento para a reflexión é o artigo de Lupe Ces que anda a circular por aí e que podedes ler nos foros de Vieiros e en Arredemo. Del podemos tirar fragmentos que dan que pensar, tales coma este:
"Estám dispostas essas pessoas a que a vida de outras passe como umha pelota de mao em mao dependendo de avisos telefónicos e da vontade das forças do estado para actuar dum jeito ou outro? Som danos colaterais? Sim? Entom somos o mesmo que os imperialistas, mas ao nosso nível, à nossa escala, porque se tivessemos o seu poder, as suas armas, os seus números, reproduciriamos os mesmos esquemas de sociedades autoritárias, violentas e agressivas, é dizer, imperialistas, onde a ideia de que o fim justifica os meios, serve de colchom amortiguador de todo tipo de violaçons de direitos humanos e de submetimento da sociedade." (ler o artigo enteiro)