Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sexta-feira, julho 15, 2005

Fenómeno paranormal

Nunca pensei que tería que falar positivamente -por así dicilo- dunha noticia publicada en El Progreso. Non sei se porque ao redactor xefe ou a algún cargo directivo do xornal lle deu moito o sol na cabeza estes días ou ben porque "el diario de Lugo y su provincia" está xa -outra vez- poñendo en práctica a estratexia de se arrimar ao sol que máis e mellor quenta (de momento, e ata que me dea o sol o suficiente a min tamén, desbotarei a posibilidade do cambio de liña editorial e da fin do cacharrismo patolóxico), pero o certo é que na súa edición do 15 de xullo, El Progreso publica unha información adicada a un acto do BNG no que Fernando Blanco explicou os pormenores das negociacións co PSdeG. Por se non fose suficiente que a publique, e aínda por riba con fotografía e todo, na devandita fotografía obsérvase ao orador e mais ao público -moito-, polo que queda patente que no acto houbo bastante xente; ademais, o redactor fala de Día da Patria sen comiñas nin apostillando que é unha denominación dos bloqueiros nin nada semellante e redacta a noticia en galego. Utiliza, ademais, o termo "concorrido" no subtítulo da noticia para se referir á asistencia ao acto. Incríbel, pero certo.