Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quinta-feira, julho 07, 2005

Exercicio de activismo-ficción.

Tiña que suceder. Cando semellaba que ningunha desgraza máis podía caer sobre a terra galega hoxe, no mes de xullo do ano I d.D.M (despois de Don Manuel), as forzas radicais e botadas ao monte, os separatistas e inimigos da patria hispana, toman unha das súas prazas emblemáticas. De nada serviu, desta vez, o énfase de Paco, El de LaCuruña, e alí onde non hai moito os raros e desviados aos que agora zetapé lles deixa adoptar nenos inocentes colocaron a súa bandeira arco iris agora, os rompeespañas colocaron a que disque é a "bandeira da Patria". Que escándalo. E que bonita luciría, non si?
Se a alguén lle dá por facer realidade este exercicio de activismo-ficción, que non me bote a culpa cando Paco se enfade eh, que nos coñecemos ;).