Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quinta-feira, julho 28, 2005

"Esa es la bandera de los que pusieron las bombas"

Lembraredes -ou non- o relato do meu encontro na terceira fase coa españolada máis rancia na patria irmá, a golpe de ascensor panorámico e baixo o lema "Aunque no queráis sois españoles - Aún vais a ser del Bloque". Ben, pois esta pasada fin de semana, tralo petardeo ami-stoso, a españolada presente na capital para celebrar a ofrenda "nacional" e as festas do Patrón de las Españas atopou unha excusa máis para se indignar diante das manifestacións separatistas e contra a indivisíbel unidade da patria española. Esquecín plasmar nestas liñas o comentario que certa compañeira de singradura tivo a oportunidade de escoitar sobre a súa bandeira da patria:
"Esa es la bandera de los que pusieron las bombas"
Iso por non mencionar a ollada de odio profundo que me dedicou un amábel cabaleiro a mañá do 26 porque na miña vestimenta aparecía a palabra "Galiza" e rajaba alegremente de El Correo "Gallego". Parece mentira, pero goza un con estas cousas... como dicía un sabio, "nós somos los malos".

1 Comentarios:

Blogger Caufield dixo...

Oh!!!Magnífico!!!E o peor é q non mo dixeron a min soa e q a historia se repetiu con outr@s compañeiros!!!Terriblisimo!!!Pena de estar tan acabada q a conversa na Muralla era non só GRANDE GRANDÍSIMA!!!
Están aí están aí e veñen a x ti!!!(Osama)(Vendía MECACOLAAAAAAA!!!)
TREMENDO

2:20 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home